Programa de Simultaneidade ADE-Dereito
Benvidos ao programa de Simultaneidade ADE-Dereito da Universidade de Vigo que se imparte no Campus de Vigo.
A simultaneidade permite ao alumnado obter en cinco anos dous títulos, un de graduado en Administración e Dirección de Empresas e outro de graduado en Dereito, cun perfil profesional moi demandado polo sector empresarial, o que o sitúa entre as ofertas máis atractivas das Universidades de España no que á duración de estudos se refire. A titulación impártese nun grupo cun horario e un calendario de exames propio.
Además, a programa ofertará cursos extra-curriculares encamiñados á formación en idiomas e en habilidades e capacidades demandadas polas empresas.
Plano de estudos
DOCENCIA
A simultaneidade permite que un estudante poida obter en 5 años, 2 títulos oficiais: Graduado en Administración e Dirección de Empresas e Graduado en Dereito.
Para superar o programa, o estudantado ten que cursar un total de 366 créditos ECTS, distribuidos en cinco anos a razón de 36 créditos ECTS os primeiros 7 cuadrimestres, 39 o oitavo, 33 o noveno e 42 o último cuadrimestre . As clases impártense na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou na Facultade de Ciencias Xurídicas en función do curso: 1º, 3º e 1ºcuadrimestre de 5º na Facultad de CC. Xurídicas e do traballo; 2º, 4º e 2º cuadrimestre de 5º na Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
1º CURSO
No primeiro ano, o alumnado só cursa Materias de Formación Básica (FB). Éstas son materias con contidos son considerados básicos dentro da Rama de Coñecemento (neste caso “Ciencias Sociais e Xurídicas”) pero non son necesariamente específicos da titulación. Así, por exemplo, cúrsanse materias de os ámbitos “xurídico” e “empresarial”, pero tamén do ámbito “económico” e do ámbito “científico”.
Materias
Neste curso impártense 10 asignaturas de Formación Básica:
- Catro asignaturas do “ámbito xurídico”: Dereito Constitucional I, Dereito Romano, Historia do Dereito e Teoría do Dereito.
- Dúas asignaturas do “ámbito empresarial”: Fundamentos de Administración e Xestión de Empresas.
- Dúas materias do “ámbito económico”: Economía Española e Mundial e Microeconomía.
- Dúas “materias instrumentais” que proporcionan as ferramentas analíticas necesarias para a comprensión doutras materias que se imparten na titulación de Administración de Empresas: Matemáticas e Estatística.
2º CURSO
No segundo año, o alumnado cursa o resto de Materias de Formación Básica (FB) que contén o Programa de Simultaneidade e empeza a cursar Materias Obrigatorias dos 2 graos.
Materias
Neste curso impártense 4 materias de Formación Básica:
- Dúas do “ámbito xurídico”: Dereito Constitucional II e Introdución ao Dereito Civil e Dereito da Persoa.
- Dúas materias do “ámbito empresarial”: Matemáticas das Operacións Financeiras e Contabilidade Financeira I.
O curso complétase con 7 asignaturas obrigatorias:
- Tres materias do “ámbito económico”: Econometría, Macroeconomía e Políticas Económicas.
- Catro materias do “ámbito xurídico”: Dereito da Unión Europea, Dereito Internacional Público, Dereito Civil I e Dereito Penal I.
3º CURSO
No terceiro ano, o alumnado cursa 6 materias obrigatorias do grao en ADE e 4 materias obrigatorias do grao en Dereito.
Materias
Neste curso impártense 10 materias obrigatorias:
- Seis materias do “ámbito empresarial”: Dirección de Operacións, Contabilidade Financiera II, Dirección de Recursos Humanos, Dirección Comercial I, Decisións de Investimento e Teoría da Organización.
- Catro materias do “ámbito xurídico”: Dereito Administrativo I, Dereito Penal II, Dereito Civil II e Sistema Xudicial Español e Proceso Civil.
4º CURSO
No cuarto año, o alumnado cursa 6 materias obrigatorias do grao en Dereito e 4 materias obrigatorias do grao en ADE.
Materias
Neste curso impártense 10 materias obrigatorias:
- Seis materias do “ámbito xurídico”: Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Procesual Penal, Dereito Administrativo II, Dereito Mercantil I, Dereito Financeiro e Tributario I e Dereito Civil III.
- Catro materias do “ámbito empresarial”: Contabilidade de Custos, Dirección Comercial II, Análise Contable e Decisións de Finanzamento.
5º CURSO
No quinto ano, o último da simultaneidade, o alumnado cursa tres materias oblrgatorias do “ámbito xurídico” e seis do “ámbito empresarial” e realiza os Traballos de Fin de Grao de ADE e de Dereito.
Materias
Neste curso impártense 9 materias obrigatorias:
- Tres materias do “ámbito xurídico”: Dereito Financeiro e Tributario II, Dereito Mercantil II e Dereito Internacional Privado.
- Seis materias do “ámbito empresarial”: Valoración de Activos, Dirección Estratéxica, Planificación Financeira, Réxime Fiscal da Empresa, Investigación Comercial e Dirección Estratéxica Internacional.
Ademais, realízanse os Traballos de Fin de Grao de ADE e de Dereito
Saídas profesionais
A simultaneidade aúna as saídas profesionais de Dereito e ADE, o que lle outorga un valor engadido que lle permite acceder a: a alta dirección empresarial, os grandes despachos profesionais e os cuerpos superiores da Administración Pública.
- Departamentos de planificación económica, financiera y estratégica
- Áreas de análisis y estudios económicos
- Áreas de comercio y economía internacional
Estas actividades las podrá ejercer profesionalmente en:
- Instituciones financieras
- Sector público estatal o autonómico
- Organizaciones económicas internacionales: Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, OCDE, Organización Mundial del Comercio, Banco Europeo de Inversiones, etc.
- Departamentos de corporaciones privadas
También puede:
- Realizar actividades de docencia y/o de investigación
A quén vai dirixido?
A estudiantes con interese por cuestións sociais a quen lles atraian os desafíos intelectuais. Esto inclúe estudantes con formación previa a nivel de bacharelato nas áreas de ciencias sociais e científicas. Son útiles os coñecementos previos de matemáticas de rama científica e economía de rama social a nivel de bacarelato pero o alumnado pode acceder ao programa con niveis distintos de ambas. Búscanse personas con capacidade de traballo, de síntese e abstracción.
O obxectivo da simultaneidade é formar profesionais no ámbito xurídico-empresarial que respondan ás necesidades das empresas e que poidan optar a ocupar postos de alta dirección. Para acadar este obxectivo, queremos captar un alumnado que conxugue talento e capacidade de trabajo.