Torneo ping-pong e fútbol

TORNEO PING-PONG E FÚTBOL

Pois aquí está a sorpresa que estabades a esperar! Dende a Delegación de Alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais queremos celebrar o día do noso patrón e qué mellor forma de facelo que cun torneo de fútbol e ping pong ⚽🏓

Os torneos terán lugar no campo de fútbol da Universidade e nas mesas de ping pong do pavillón de deportes, durante a semana do 24 de abril e haberá premios para os/as ganadores/as 🏆

A inscrición é gratuita e para participar debedes anotarvos no seguinte enlace, antes do día 18 de abril.

Inscrición torneo fútbol: https://forms.gle/JppcUj1n7wai5hGi8
Inscrición torneo ping pong: https://forms.gle/RSE8tj5gQuYMis9z7

Grazas a todos/as por participar e por acompañarnos nesta noa iniciativa!

Delegación de alumnado da FCCE

    Escribe un comentario