Convócase aos membros da Comisión Permanente a unha reunión ordinaria, que terá lugar na sala de xuntas do decanato ás 11:00 en primeira convocatoria e ás 11:15 en segunda do vindeiro xoves 24 de abril coa seguinte:
Orde do día
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (08/04/2025).
- Informe da Decana.
- Aprobación, se procede, da modificación do prazo de entrega de actas da segunda oportunidade par ao curso 2025/2026
- Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Calidade sobre a modificación da memoria do grao en Economía.
- Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Calidade sobre o informe de autoavaliación de renovación da acreditación do mestrado en Finanzas.
- Rogos e preguntas.
A Decana
M. Dolores Garza Gil