Convócase aos membros da Comisión Permanente a unha reunión ordinaria que terá lugar na sala de xuntas do Decanato ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12:15 en segunda, do vindeiro martes 8 de abril, coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (06/03/2025).
2.- Informe da Decana.
3.- Aprobación, se procede, do cambio de data da celebración do patrón da facultade correspondente ao curso 2025/26.
4.- Aprobación, se procede, da modificación do prazo de entrega de actas correspondentes á convocatoria ordinaria segunda.
5.- Aprobación, se procede, do calendario de exames para o curso 2025/26.
6.- Rogos e preguntas.
A Decana
M. Dolores Garza Gil