Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O TFG e un traballo a desenvolver de forma indidivual e autónoma, aínda no caso de ser un traballo conxunto de varios estudantes, de carácter integrador, encamiñado a amosar a adquisición das competencias vencelladas ao título.

Para matricularse é necesario facelo de todos os créditos que resten para rematar o grao, polo que hai que ter en conta a limitación de matrícula existente na Uvigo, que é de 75 ECTS.

Normativas do TFG

Buscador de TFG

Curso académico 2026/2027

Oferta TFG Grao en ADE 2026/2027
Oferta TFG Grao en Economía 2026/2027
Asignación PROVISIONAL Traballos ADE (PCEO Incluído)
Asignación PROVISIONAL Traballos Economía
 
 

Procedemento para a asignación de titores/as:

ALUMNADO XA MATRICULADO NO TRABALLO DE FIN DE GRAO EN CURSOS ANTERIORES:

O alumnado que estivo matriculado no curso pasado no Traballo de fin de grao, pode consultar no seu portal académico (acceso centralizado), a través de SIGMA, no apartado de Traballos de Fin de Grao se segue mantendo á mesma persoa titora (fixarse que estea asignado no curso 2026/27). Se non a ten incluída no sistema, deberá participar no proceso xeral de asignación que terá lugar entre o 29 de outubro e o 10 de novembro.

Para renunciar á titorización asignada deberedes remitir un correo a Secretaría do Decanato entre o 14 e o 15 de outubro, así como se tedes calquera tipo de incidencia con respecto á titorización do traballo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ALUMNADO DE NOVA MATRÍCULA OU QUE NON TEÑA PERSOA TITORA ASIGNADA:

A oferta temática poderase consultar a partir do 22 de outubroa través da vosa secretaría virtual. 

De ser o caso, tamén o estudante poderá presentar unha proposta temática, sempre que conte co visto e prace dunha persoa titora que lle axude a desenvolvela. Para elo deberán cubrir o documento que aparece nesta mesma páxina, asinado tanto pola persoa interesada como pola persoa que o vaia a titorizar.

No prazo que figure no calendario, estableceranse unhas instruccións para que o alumnado vaia elixindo traballos entre os ofertados. O sistema adxudicaraos por orde de nota media do expediente.

Aquelas persoas que non participen no proceso de elección e que non tiveran xa titor/a asignado poderán solicitar posteriormente que se lles asigne algún dos temas que quedaron sen ocupar.

A persoa que titorice, cando considere finalizado o traballo, debe facer unha valoración global do mesmo. Con ese informe, o estudantado poderá solicitar a defensa pública diante dun tribunal, sempre que teña superados todos os créditos do grao, agás o propio TFG.

En todo caso, a cualificación só se fará efectiva cando se cumpra tal condición.

De non superar o TFG en calquera dos períodos de examen (ordinario ou extraordinario), o tribunal emitirá un informe razoado e o estudiante poderá continuar co tema elixido por un ano máis.

Procedemento para a defensa do TFG por parte do alumnado:

Estos son os pasos a seguir por parte do alumnado para poder defender o traballo de fin de grao. Os/as titores/as están para guiarvos no contido do traballo de fin de grao, non nos trámites administrativos inherentes ao mesmo, así que, por favor, lede o procedemento con atención: 

Convocatoria extraordinaria

1.- Procedemento de solicitude de defensa do TFG (entre o 1 e o 3 de xullo)

2.- Esta fase, que deberá levarse a cabo entre o 8 e o 9 de xullo, consta de tres pasos, que deberán levarse a cabo nesta orde, se non, o sistema non permitirá facer cambios posteriormente:

     Procedemento de cambio de título, solicitude de tipo de tribunal e subida do TFG definitivo ao sistema. IMPORTANTE: Hai que poñer o título correcto en castelán, galego e inglés.

      Solicitude de tipo de tribunal (Deberá subirse ao apartado de "Documentación provisional" do espazo de traballo de SIGMA. Se non se solicita tribunal, entenderase que é Unipersoal (persoa titora)

3.- A defensa terá lugar o día 22 de xullo no espazo e no horario que se publicará nesta páxina o 15 de xullo. A defensa será presencial, como calquera outro exame.

 

Unha vez defendido o traballo de fin de grao e rematado o prazo de entrega de actas, poderedes solicitar o voso título, de acordo coas instruccións que se detallan ao final do apartado de matrícula/títulos.

Procedementos para a defensa do TFG por parte das persoas titoras:

Estos son os pasos a seguir por parte das persoas titoras para que o alumnado poida defender o traballo de fin de grado:

Convocatoria extraordinaria

1.- Autorizar/rexeitar a solicitude de defensa: ata o 6 de xullo

2.- Autorizar/rexeitar o cambio de título, unha vez que o alumnado o solicite: ata o 9 de xullo.

3.- Subir ao sistema do informe de avaliación: entre o 10 e o 13 de xullo.

          Informe de avaliación.

4.- Cubrir as actas de cualificacións: Instruccións tribunal unipersoal. Instruccións tribunal colexiado. Establecerase como data de revisión o 27 de xullo e o día 28 de xullo pecharanse as actas no sistema.

O día 15 de xullo subiranse á web os horarios de defensa. A defensa terá lugar o 22.de xullo.

Horarios defensa do TFG: convocatoria extraordinaria 2025/26:

 
 

Coordinación

Mª Dolores Garza Gil
+34 986 812 515
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.