Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Toda a información relativa aos actos, colgarase na web da facultade.

O alumnado de cada unha das Titulacións debe comunicar ao decanato, antes do 1 de decembro, quén se vai encargar do contacto entre o Decanato e o alumnado para a organización do acto.

O padriño/madriña académica debe estar elixido, alomenos, cun mes de antelación á celebración do acto e só poderá participar se pode estar no acto presencialmente.

Se se vai facer algún tipo de documento por parte do alumnado para proxectar no acto,  teñen que envialo previamente para comparar se coincide cos datos que temos nós e deben responsabilizarse de buscar a algunha persoa que poida encargarse de controlar a proxección o día do acto.

Os actos lévanse a cabo a semana de xuño seguinte ao remate dos exames desa convocatoria, en mércores, xoves e venres.

Van rotando: o que tivo lugar o venres pasa para o mércores, o do xoves para o venres e o de mércores para xoves.

No ano 2025 a orde foi: mércores Ade, xoves Economía e venres PCEO.

Os requisitos de participación son, que non lles queden máis de 75 créditos para rematar a carreira aos de ADE e aos de Economía e 90 aos do PCEO ADE-Dereito. Eses créditos contabilizaranse ao rematar o prazo de entrega de actas do primeiro cuadrimestre e que non os cumpra, non poderá participar no curso en cuestión.

Rematado o prazo de entrega de actas do primeiro cuadrimestre, colgarase un formulario na web da facultade, no que se deberán rexistrar os que estean interesados en acudir. Posteriormente, controlarase dende o decanato se se cumpren os requisitos.

O acto implica unha serie de gastos organizativos por persoa, polo que, haberá un límite de persoas invitadas por cada participante e levarase un control de acceso. Celebraranse no Salón de Actos da Facultade.

 

Lembrade que aquelas persoas que se anotaron no curso pasado e que despois non asisitiron o día de acto sen avisar con suficiente antelación, non poderán participar noutro curso, así como aquelas persoas que xa participaron noutros cursos.