A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais conta con recursos axeitados para o desenvolvemento das actividades docentes e investigadoras. O profesorado dispón dun despacho persoal, suficientemente dotado, de espazos comúns para realizar reunións, de salas para profesores visitantes e invitados… As aulas para desenvolver a docencia son numerosas e todas están equipadas con encerados, con ordenador, pantalla e canón e con wifi de acceso libre, webcam, altofalantes, etc. Ademais, a Facultade conta con aulas de ordenadores, aulas seminario, Salón de Actos, Salón de Graos, un espazo para a delegación de alumnos, servizo de reprografía, cafetería e comedor, unha ampla e ben dotada biblioteca e unha sala de libre acceso, para que os alumnos podan realizar os seus traballos.
As instalacións da FCCEE cumpren plenamente as esixencias de accesibilidade establecidas na normativa vixente.
Recursos materiais

18 Aulas (7 grandes e 11 medianas)
Capacidade: 100-200 prazas, 50-99 prazas
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Computador con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.
16 Seminarios
Capacidade: 21-45 prazas
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Bancos con asentos e mesas.

10 Laboratorios
Capacidade: 25-50 prazas
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Bancos con asentos e mesas.
Salón de graos
Capacidade: 75 prazas
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Asentos.

Salón de actos
Capacidade: 500 prazas
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Asentos.
Servizos xerais
Conexión sen fíos
O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.
Préstamo de computadores
Préstamo de computadores portátiles a profesorado, estudantado e persoal administrativo (temporalmente interrumpido).
Recursos docentes en rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática MOOVI con recursos en liña destinados á teleformación. Ademais disponse de CAMPUS REMOTO e Microsoft Office 365.
Servizo de fotocopiadora
O centro dispón de 3 fotocopiadoras en réxime de autoservizo.
Servizo de cafetaría
O centro dispón de servizo de cafetería e comedor atendido por unha empresa externa.