As prácticas extracurriculares coordinadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, corresponden ás titulacións de Administración e Dirección de Empresas e de Economía.
A Universidade de Vigo ten unha convocatoria de prácticas aberta permanentemente. Ademais, no caso de que o alumnado acorde cunha empresa a realización de prácticas vinculadas á titulación, tería que formalizarse dita práctica. A xestión administrativa das prácticas realízaa a Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) e, polo tanto, para solicitar unha praza é necesario facelo directamente en
O requisito académico para a realización destas prácticas, é tener superado o 50% dos créditos da titulación. Por outra parte, estas prácticas serven para o recoñecemento de créditos optativos. Máis específicamente, 150 horas corresponden con 6 ECTS e 300 horas con 12 ECTS. Neste último caso, é necesario realizar unha memoria de prácticas seguindo as directrices do seguinte documento. Os créditos optativos que se queiran anular por recoñecemento de créditos polas prácticas, figurarán sen nota ou coa cualificación de «non presentado».
No momento de finalización das prácticas, é necesario o envío dos seguintes documentos á titora académica (
No caso de querer proceder ao recoñecemento de optatativas por prácticas, é necesario o envío da seguinte documentación á titora académica (ademáis dos documentos anteriores):
Prácticas para persoas tituladas:
As persoas tituladas que obtiveran o seu título na Universidade de Vigo nos últimos tres anos, ou cinco no caso de persoas con discapacidade, e que non traballasen por conta allea ou propia realizando tarefas relacionadas coa súa titulación baixo ningunha modalidade de contrato laboral, teñen a posibilidade de participar no Programa CONECTA TALENTO para egresados.
Este Programa pretende captar, formar e inserir ás persoas tituladas da Universidade de Vigo a través da formalización de prácticas nun contexto produtivo real, conseguindo un nexo entre o talento delas e o tecido empresarial. Por tanto, é un instrumento adecuado para favorecer a futura incorporación das persoas tituladas ao mercado laboral e para complementar a súa formación teórica previa cunha estancia práctica, de carácter non laboral, nunha empresa.
Mais información na FUVI: https://fundacionuvigo.es/practicas/conecta-talento/
Enlace para inscribiros no Programa https://fundacionuvigo.es/practicas-programa-conecta-talento/
Coordinación
Mª Dolores Garza Gil
+34 986 812 515