Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

As prácticas extracurriculares coordinadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, corresponden ás titulacións de Administración e Dirección de Empresas e de Economía.

A Universidade de Vigo ten unha convocatoria de prácticas aberta permanentemente. Ademais, no caso de que o alumnado acorde cunha empresa a realización de prácticas vinculadas á titulación, tería que formalizarse dita práctica. A xestión administrativa das prácticas realízaa a Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) e, polo tanto, para solicitar unha praza é necesario facelo directamente en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

O requisito académico para a realización destas prácticas, é tener superado o 50% dos créditos da titulación. Por outra parte, estas prácticas serven para o recoñecemento de créditos optativos. Máis específicamente, 150 horas corresponden con 6 ECTS e 300 horas con 12 ECTS. Neste último caso, é necesario realizar unha memoria de prácticas seguindo as directrices do seguinte documento. Os créditos optativos que se queiran anular por recoñecemento de créditos polas prácticas, figurarán sen nota ou coa cualificación de «non presentado».

No momento de finalización das prácticas, é necesario o envío dos seguintes documentos á titora académica (This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.) e á FUVI:

No caso de querer proceder ao recoñecemento de optatativas por prácticas, é necesario o envío da seguinte documentación á titora académica (ademáis dos documentos anteriores):

  • Anexo D8 : tanto para recoñecer 6 como 12 ECTS optativos
  • Memoria: no caso de 12 ECTS.

Coordination

Mª Dolores Garza Gil

+34 986 812 515
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.