Informarlles que a José Nicanor Alonso e Miguel Mirás foilles concedido o XXXI Premio Europeo de divulgación científica Estudi General, pola Universidade de Valencia, polo libro, de título: "Alicia y Benito contra Eva. Un recorrido por los secretos de la criptografía"
Noraboa aos premiados.
De acordo coa Normativa electoral vixente na Universidade de Vigo, e o Regulamento de Réxime Interno da Facultade, e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para o cargo de Decana/o da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.
Serán elixible o profesorado con vinculación permanente á Universidade adscrito ao propio centro. As persoas elixibles obterán a condición de candidatos/as mediante a presentación no Rexistro do Centro da correspondente solicitude onde, ademais dos seus datos persoais, sinalarán as persoas que ocuparán os cargos de vicedecano/a ou Subdirector/a e de Secretario/a.
Tódalas reclamacións e a presentación de candidaturas serán dirixidas ó Presidente da Xunta Electoral de Centro e deberán presentarse antes das 14:00 horas na Secretaría do Decanato da Facultade.
CALENDARIO ELECTORAL:
30 de outubro: Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral (hall da facultade).
3 a 5 de novembro: Período de reclamacións (correción de erros...) dos censos.
6 de novembro: Resolución das reclamacións e publicación dos censos definitivos
10 a 12 de novembro: Período de presentación de candidaturas.
13 de novembro: Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral).
17 a 18 de novembro: Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos.
20 de novembro: Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral)
21 e 25 de novembro Campaña electoral
27 de novembro: Elección de Decano/a en Xunta de Facultade Extraordinaria (12 h. salón de actos).
1 de decembro: Remisión da acta da sesión ao reitor.
A Decana en funcións
M. Dolores Garza Gil
Poden consultar o Programa estratéxico do centro 2025/30, aprobado na Comisión de Calidade e na Xunta de Facultade do 19/11/2025 no seguinte enlace.
O periodo de exposición pública rematará o 9/12/2025. Se alguén quere facer algunha aportación ao aprobado, deberá remitila a
Secretaría Decanato
Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión extraordinaria que terá lugar no salón de actos da facultade, ás 12:00 h en primeira convocatoria e ás 12:15 en segunda do vindeiro xoves 27 de novembro, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
PUNTO ÚNICO: Elección de Decana.
NOTA: No caso de ter que facer unha segunda votación, por non ter acadado a maioría absoluta dos votos a favor da maioría dos presentes, terá lugar 10 minutos despois do remate do escrutinio da primeira
Vigo, 24 de novembro de 2025.
A Decana en Funcións.
- Acto de Investidura Joseph E. Stiglitz como doutor Honoris Causa pola UIMP
- Económicas e Empresariais celebra o 8M pondo en valor a importancia das mulleres no sector primario
- Premios fin de carreira da Xunta
- A UVigo presenta a súa oferta académica a máis de 1000 estudantes de institutos de Vigo e a súa contorna