Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A configuración dos novos graos universitarios que contan cunha menor duración e cunha estrutura académica máis flexible que as vellas Licenciaturas, facilitan o que ata non fai moito tempo era practicamente impensable. Que un estudante poida simultanear estudos de dúas carreiras e conseguir ambos títulos en apenas cinco ou seis anos, contando cun profundo coñecemento tanto de ADE coma de Dereito.

Un dos sectores académicos e profesionais onde máis conexións existen e onde máis frutífera pode ser esta simultaneidade de estudos é o triángulo delimitado polos ámbitos xurídico, empresarial e económico. De feito, en España, a simultaneidade de estudos ADE–Dereito e un dos programas máis demandados por parte do estudantado universitario.

Así, á vista da gran demanda existente, e tratando de aproveitar e de aprender da experiencia doutras universidades, e tendo como obxectivo principal o de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, desde o curso 2014/2015 un/unha estudante pode cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE) e Grao en Dereito e conseguir ambos títulos en cinco anos.

Coordinación

Raisa Pérez Vas
+34 986 812 462 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.