Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O grao en Economía é unha das titulacións con mellor saída laboral do país, xa que ten unha taxa de empregabilidade superior ao 60%, segundo as cifras divulgadas polo Ministerio de Economía e Competitividade a partir da porcentaxe de afiliados á Seguridade Social.

Perfil de ingreso

Estudantes con interese por cuestións sociais a quen lles atraia os desafíos intelectuais. Isto inclúe estudantes con formación previa a nivel de bacharelato nas áreas de ciencias sociais e científicas. Os coñecementos previos de matemáticas de rama científica e economía de rama social a nivel de bacharelato son útiles pero un alumno pode acceder ao grao con niveis distintos de ambas. Búscanse persoas con capacidade de traballo, de síntese e abstracción.

Saídas profesionais

Unha persoa que obteña o Grao en Economía está preparada para asumir posicións gerenciales e de alta dirección no sector empresarial, no sector financeiro e no sector público, ademais de contar, pola súa versatilidade, coas capacidades para traballar nas seguintes áreas de actividade:

  • Departamentos de planificación económica, financeira e estratéxica
  • Áreas de análises e estudos económicos
  • Áreas de comercio e economía internacional

Coordinación

Rosa Mª Loveira Pazó
+34 986 813 409 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.