O TFG e un traballo a desenvolver de forma indidivual e autónoma, aínda no caso de ser un traballo conxunto de varios estudantes, de carácter integrador, encamiñado a amosar a adquisición das competencias vencelladas ao título.
Para matricularse é necesario facelo de todos os créditos que resten para rematar o grao, polo que hai que ter en conta a limitación de matrícula existente na Uvigo, que é de 75 ECTS.
Normativas do TFG
- Normativa do TFG da UVigo
- Normativa do TFG da FCCEE
- Procedemento de solicitude de temas do TFG
- Normas de estilo do TFG
- Portada do TFG: Grao en ADE | Grao en Economía
Procedemento para a defensa do TFG por parte do alumnado:
Estos son os pasos a seguir por parte do alumnado para poder defender o traballo de fin de grado. Os/as titores/as están para guiarvos no contido do traballo de fin de grao, non nos trámites administrativos inherentes ao mesmo, así que, por favor, lede o procedemento con atención:
1.- Procedemento de solicitude de defensa do TFG (entre o 1 e o 4 de xullo)
Solicitude de tipo de tribunal
3.- A defensa terá lugar o día 22 de xullo no espazo e no horario que se publicará nesta páxina o 16 de xullo. A defensa será presencial, como calquera outro exame.
IMPORTANTE: O alumnado do PCEO que vaia defender ambos traballos nesta convocatoria, deberán informar á Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, para que o teñan en conta para cambiar a data de defensa do traballo de Dereito.
Procedementos para a defensa do TFG por parte das persoas titoras:
Estos son os pasos a seguir por parte das persoas titoras para que o alumnado poida defender o traballo de fin de grado:
1.- Autorizar/rexeitar a solicitude de defensa: entre o 7 e o 8 de xullo.
2.- Autorizar/rexeitar o cambio de título, unha vez que o alumnado o solicite: entre o 9 e o 10 de xullo.
3.- Subir ao sistema do informe de avaliación: entre o 11 e o 14 de xullo.
O día 16 de xullo subiranse á web os horarios de defensa. A defensa terá lugar o 22 de xullo.
Horarios defensa do TFG: convocatoria ordinaria 24/25
- Horarios defensa TFG Grao en Economía ordinaria 2024/25 (01/07/2025)
- Horarios defensa TFG Grao en ADE (PCEO incluido) ordinaria 2024/25.
O alumnado que xa tivese asignado un titor de cursos anteriores, ten que estar pendente das listaxes que se publicarán nesta web o 10 de outubro de 2024, por se a persoa titora asignada renunciou a seguir facéndoo e teñen que participar no proceso xeral.
Nas datas que se indiquen no calendario, poderedes consultar a través da vosa secretaría virtual a oferta temática e as persoas titoras de cada tema para que cada estudante poida informarse sobre aqueles temas que lle resulten de interese.
De ser o caso, tamén o estudante poderá presentar unha proposta temática, sempre que conte co visto e prace dunha persoa titora que lle axude a desenvolvela. Para elo deberán cubrir o documento que aparece nesta mesma páxina, asinado tanto pola persoa interesada como pola persoa que o vaia a titorizar.
No prazo que figure no calendario, estableceranse unhas instruccións para que o alumnado vaia elixindo traballos entre os ofertados. O sistema adxudicaraos por orde de nota media do expediente.
Aquelas persoas que non participen no proceso de elección e que non tiveran xa titor/a asignado poderán solicitar posteriormente que se lles asigne algún dos temas que quedaron sen ocupar.
A persoa que titorice, cando considere finalizado o traballo, debe facer unha valoración global do mesmo. Con ese informe, o estudantado poderá solicitar a defensa pública diante dun tribunal, sempre que teña superados todos os créditos do grao, agás o propio TFG.
En todo caso, a cualificación só se fará efectiva cando se cumpra tal condición.
De non superar o TFG en calquera dos períodos de examen (ordinario ou extraordinario), o tribunal emitirá un informe razoado e o estudiante poderá continuar co tema elixido por un ano máis.
Curso académico 2024/2025
Coordinación
Mª Dolores Garza Gil
+34 986 812 515