ASUNTO : CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A MEMBROS DA XUNTA DE FACULTADE 2026
De acordo co Regulamento Electoral Xeral da Universidade de Vigo, e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para membros da Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.
Serán electores/as os/as que figuran no censo electoral do centro, no sector correspondente. Serán elixibles os electores e as electoras que reúnan os seguintes requisitos:
Presentar a súa candidatura, conforme ao disposto na normativa.
Ser proclamado/a candidato ou candidata pola Xunta electoral do centro de forma definitiva.
As solicitudes de proclamación de candidato/a presentaranse no rexistro da Facultade mediante escrito dirixido ao Sr. Presidente da Xunta electoral do centro no prazo fixado ao efecto. Todas as reclamacións formularanse perante a xunta electoral do centro, mediante escrito razoado dirixido ao Sr. Presidente desta.
XUNTA ELECTORAL
Presidenta: Mª Dolores Garza Gil
Secretaria: Ana de Prado Vázquez
PDI Titular: José Mª Docampo Barrueco
Suplente: Fernando Comesaña Benavides
PAS Titular: Mª del Carmen Canda Gil
Suplente: Manuela Miguélez Domínguez
Alumnado Titular: Nicole Doural Domínguez
Suplente: David Rodríguez Carabelos
CALENDARIO ELECTORAL:
21 de outubro: Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral.
Do 21 de ao 28 de outubro: Período de reclamacións (correción de erros....) dos censos.
29 de outubro: Exposición dos censos definitivos no taboleiro electoral.
Do 2 ao 9 de novembro: Período de presentación de candidaturas (Ata as 14 h).
10 de novembro: Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral).
Do 10 ao 12 de novembro: Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos/as (ata as 14h).
13 de novembro: Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral).
Do 16 ao 18 de novembro: Campaña electoral.
11 de novembro: Sorteo das mesas electorais.
18 de novembro: Votación: de 11 ás 19 horas no hall da facultade.
19 de novembro: Proclamación provisoria de candidatos electos.
Do 23 ao 24 de novembro: Reclamacións á proclamación provisoria de candidatos electos (ata as 14 h).
25 de novembro: Proclamación definitiva de representantes electos.
Vigo, a 19 de outubro de 2026
A DECANA
M. Dolores Garza Gil