Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Guía Básica do estudantado internacional

Benvidos!

Esta guía ten como obxecto orientar ao estudantado entrante con intercambios de mobilidade internacional na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales) en Vigo.

Pasos a seguir no proceso de intercambio

  1. Verifica a información xeral administrativa na nosa Oficina de Relacións Internacionais (ORI): https://www.uvigo.gal/en/study/mobility/international-incoming-students. Podes atopar información sobre calendario académico, aloxamento, seguros, titulacións ofertadas, …). Ademáis., dispón dunha Guía de estudantes entrantes (Incoming Students Handbook) con todo tipo de información que pode ser moi útil Por favor, asegúrate de seguir TODAS as instruccións administrativas coidadosamente cando llegues ou marches da nosa Universidade. O estudantado pode contactar por email coa persoa responsable da mobilidade entrante na oficina de relacións internacionais da Universidade de Vigo: incoming.ori@uvigo.gal para fixar unha cita e obter máis información se se precisa. ¡Só no caso de estudantes Erasmus Mundus! Por favor, envia as túas  preguntas á dirección de e-mail axeitada: emundusgreenit@uvigo.es (Erasmus Mundus Green IT) green-tech-wb@uvigo.es (Erasmus Mundus Green TECH WB) euroinkanet@uvigo.es (Erasmus Mundus Euroinkanet) e-gov-tn@uvigo.es (Erasmus Mundus EGOVTN)
  2. Obter información xeral sobre o Campus de Vigo: https://www.uvigo.gal/campus/vigo-campus-vigo-tecnoloxico
  3. Para os asuntos académicos, tes toda a información na nosa web: http://fccee.uvigo.es/es/

Contrato de estudos

Na web da facultade podes atopar información sobre as materias dispoñibles, así como o seus horarios e datas de exames. Por favor, revisa os cursos ofertados na pestana de «Docencia», considerando as distintas titulacións do centro: Grao en ADE; Grao en Economía, ou os cursos ofertados en inglés.

Para poder facer o teu contrato de estudos adecuadamente é convinte que revises as Guías Docentes das materias, onde tes información sobre o número de créditos das materias (ECTS, o semestre no que será ofertada a materia (1 cuadrimestre ou 2 cuadrimestre) ou o idioma no que se imparte.

¡Importante! Ten en conta que algunhas materias (optativas ou en inglés) teñen cupos máximos de estudantes, polo que pode ocorrer que non haxa oco para todo o estudantado entrante. Se esto ocorre, terás que modificar o teu contrato de estudos por materias onde haxa dispoñibilidade. Tenno presente cando realices a túa proposta de Contrato.

Lembra que o contrato académico poede ser modificado, pero só durante o primeiro mes dende o inicio do semestre.

Información sobre calendario académico.

Responsable de Relacións Internacionais da facultaderifcee@uvigo.gal

Plans de estudo con códigos: Grao en ADEGrao en EconomíaSimultaneidade ADE-Dereito

Matrícula

Unha vez que teñas o teu contrato académico asinado pola persoa coordinadora de relacións internacionais nas universidades de orixe e destino, debes dirixirte á secretaría administrativa do centro (presencialmente) para matricularte.

¡Importante! Ata que non esteas matriculado/a non terás acceso á plataforma educativa e aos contidos da materia.

Secretaría administrativa do centrosecfecee@uvigo.gal

Preséntate ao profesorado, participa de actividades, sesións de aula e seminarios e ¡non esquezas facer os exames! Revisa os calendarios e datas oficiais na web da facultade. É a túa responsabilidade.

Despois de completar os teus estudos na nosa facultade recibirás o teu certificado académico (ToR-CAO) por correo. Este proceso pode demorarse cerca de tres meses, por favor, se paciente.

Máis información

Oficina de Relacións Internacionais

Páxina web

incoming.ori@uvigo.gal