Eleccións a Decana/o

De acordo coa Normativa electoral vixente na Universidade de Vigo, e o Regulamento de Réxime Interno da Facultade, e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para o cargo de Decana/o da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.

Serán elixible o profesorado con vinculación permanente á Universidade adscrito ao propio centro. As persoas elixibles obterán a condición de candidatos/as mediante a presentación no Rexistro do Centro da correspondente solicitude onde, ademais dos seus datos persoais, sinalarán as persoas que ocuparán os cargos de vicedecano/a ou Subdirector/a e de Secretario/a.

Tódalas reclamacións e a presentación de candidaturas serán dirixidas ó Presidente da Xunta Electoral de Centro e deberán presentarse antes das 14:00 horas na Secretaría do Decanato da Facultade.

XUNTA ELECTORAL

Presidente:  Miguel Ángel Crespo Domínguez

Secretaria:  Raquel Díaz Vázquez

PDI: Titular: Francisco Rodríguez de Prado. Suplente: Gloria Caballero Míguez.

PAS: Titular Belén Jácome Pérez. Suplente: Ángeles Casal

Alumnado: Titular: Cristian Valencia Rodríguez.  Suplente: Aida Esperón Blanco

CALENDARIO ELECTORAL:

19 de setembro:                Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral.

20 a 22 de setembro:       Período de reclamacións (correción de erros…) dos censos.

23 de setembro:                Resolución das reclamacións e nova exposición dos censos no taboleiro electoral

26 de setembro:                Publicación do censo definitivo

7 a 11 de outubro:              Período de presentación de candidaturas.

13 de outubro:                   Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral).

14 a 17 de outubro:            Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos.

18 de outubro:                    Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral)

19 e 21 de outubro             Campaña electoral

25 de outubro:                   Elección de Decano/a en Xunta de Facultade Extraordinaria.

26 de outubro:                   Remisión da acta da sesión ao reitor.