Os actos de presentación do Novo Curso Académico 2022/23 para o alumnado dos Graos en Administración e Dirección de Empresas e do Grao en Economía, terán lugar o vindeiro luns día 5 de setembro no Salón de Actos nos seguintes horarios:
11:30 h. ALUMNADO DE PRIMEIRO POR PRIMEIRA VEZ
12:30 h. ALUMNADO DE CONTINUACIÓN
O alumnado de primeiro por primeira vez do doble grao Ade-Dereito comezará as clases o día 5, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de acordo co horario publicado e posteriormente acudirá ao acto de presentación que terá lugar ás 10 da mañán nese mesmo centro.
O resto do alumnado do doble grao, comezará as clases o luns 5 no horario establecido.