De acordo coa Normativa electoral vixente na Universidade de Vigo, e o Regulamento de Réxime Interno da Facultade, e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para o cargo de Decana/o da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.
Serán elixible o profesorado con vinculación permanente á Universidade adscrito ao propio centro. As persoas elixibles obterán a condición de candidatos/as mediante a presentación no Rexistro do Centro da correspondente solicitude onde, ademais dos seus datos persoais, sinalarán as persoas que ocuparán os cargos de vicedecano/a ou Subdirector/a e de Secretario/a.
Tódalas reclamacións e a presentación de candidaturas serán dirixidas ó Presidente da Xunta Electoral de Centro e deberán presentarse antes das 14:00 horas na Secretaría do Decanato da Facultade.
XUNTA ELECTORAL
Presidente: Miguel Ángel Crespo Domínguez
Secretaria: Raquel Díaz Vázquez
PDI: Titular: Francisco Rodríguez de Prado. Suplente: Gloria Caballero Míguez.
PAS: Titular Belén Jácome Pérez. Suplente: Ángeles Casal
Alumnado: Titular: Cristian Valencia Rodríguez. Suplente: Aida Esperón Blanco
CALENDARIO ELECTORAL:
19 de setembro: Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral.
20 a 22 de setembro: Período de reclamacións (correción de erros…) dos censos.
23 de setembro: Resolución das reclamacións e nova exposición dos censos no taboleiro electoral
26 de setembro: Publicación do censo definitivo
7 a 11 de outubro: Período de presentación de candidaturas.
13 de outubro: Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral).
14 a 17 de outubro: Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos.
18 de outubro: Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral)
19 e 21 de outubro Campaña electoral
25 de outubro: Elección de Decano/a en Xunta de Facultade Extraordinaria.
26 de outubro: Remisión da acta da sesión ao reitor.