Conferenciante: Pablo Amster (Universidade de Buenos Aires)
Título: “Matemática para os teus oídos: de Pitágoras a Xenakis”
O xoves 15 de decembro ás 18 horas, o Departamento de Matemáticas organiza unha conferencia na aula seminario 8 da Facultade de Ciencias Económicas
Resumo: Cando escoitamos unha melodía, rara vez pensamos en números, proporcións ou logaritmos. Sen embargo, moitas veces temos oído dicir que a música é matemática. Qué relación hai entre ambas disciplinas? As conexións son múltiples, e se manifestan en aspectos tales como a simetría, as proporcións, as relacións numéricas entre frecuencias e intervalos, o ritmo ou as regras da harmonía. Nesta charla presentaremos algúns destes temas, nun breve percorrido que nos levará dende Pitágoras a Xenakis.