Convocatoria Comisión Permanente

Convócase aos membros da Comisión Permanente a unha reunión ordinaria que terá lugar na sala de Xuntas do Decanato ás 12:30 h. en primeira convocatoria e ás 12:45 en segunda do vindeiro venres 3 de maio, coa seguinte:

 

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (05/03/2024).

2.- Informe da Decana.

3.- Aprobación, se procede, do cambio de data da celebración do patrón da facultade correspondente ao curso 2024/25.

4.- Aprobación, se procede, da modificación das datas de entrega de actas correspondentes á convocatoria ordinaria segunda.

5.- Aprobación, se procede, do calendario de exames para o curso 2024/25.

6.- Ratificación, se procede, dos acordos da comisión de Calidade respecto dos seguintes asuntos:

– Informe de Revisión pola Dirección correspondente ao curso 2022-2023 (R1-DE03 P1) *.

– Comisión para a Elaboración do Programa de Desenvolvemento Estratéxico do Centro (R1-DE01P1).

– Actualización dos procedementos de Calidade seguintes:

DE-02. Seguimento e Medición. Índice 5.

DO-0101. Deseño, Verificación, Modificación e Acreditación das Titulacións Oficiais. Índice 06.

DO-0102.  Seguimento e melloras das titulacións. Índice 5: SGC Formulario de modificacións non substanciais. Anexo I.

XD-01. Control dos documentos e dos rexistros. Índice 2.: XD 01 Anexo 1. Modelo Procedementos.

PE-02. Xestión do Persoal Docente e Investigador. Índice 05)

– Extinción do Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible.

– Plan de Promoción de Centro 2022/23.

– Alegacións de resposta á ACSUG, respecto das Memorias do Máster en Economía Circular *.

– Cambio de adscrición de centro do Máster en Economía Circular.

 

7.- Rogos e preguntas