Convocatoria Comisión Permanente

Convócase aos membros da Comisión permanente a unha reunión ordinaria, que terá lugar, na sala de xuntas do Decanato, ás 11:30 h. en primeira convocatoria e ás 11:45 en segunda do vindeiro xoves día 18 de maio, coa seguinte:
ORDE DO DÍA
  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  2. Informe da Decana
  3. Aprobación, se procede, do criterio de modificación de horario no caso de coincidencia de data e hora nas probas de avaliación de carácter global (convocatoria fin de carreira, ordinaria -1º e 2º período- e segunda oportunidade )en materias de diferentes cursos.
  4. Aprobación, se procede, da reducción do prazo de entrega de actas.
  5. Aprobación, se procede, da modificación dos criterios de realizacións dos Actos de graduación de Ade-Economía-PCEO.
  6. Solicitude de confidencialidade para a realización dun TFG por parte da alumna Aroa Pérez Rodríguez
  7. Aprobación, se procede, das ponderacións de materias da ABAU.
  8. Rogos e preguntas.