Convócase aos membros da Comisión Permanente a unha reunión ordinaria que terá lugar na sala de Xuntas do Decanato ás 11:00 h. en primeira convocatoria e ás 11:15 en segunda, do vindeiro mércores día 24 de maio, coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- Informe da Decana.
- Aprobación, se procede, do “Informe de autoavaliación de renovación da acreditación do grao en Economía”.
- Rogos e preguntas.
Vigo, 22 de maio de 2023.
A Decana
M. Dolores Garza Gil