ASUNTO : CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A MEMBROS DA XUNTA DE FACULTADE 2024
De acordo co Regulamento Electoral Xeral da Universidade de Vigo, e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para membros da Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.
Serán electores/as os/as que figuran no censo electoral do centro, no sector correspondente. Serán elixibles os electores e as electoras que reúnan os seguintes requisitos:
- Presentar a súa candidatura, conforme ao disposto na normativa.
- Ser proclamado/a candidato ou candidata pola Xunta electoral do centro de forma definitiva.
As solicitudes de proclamación de candidato/a presentaranse no rexistro da Facultade mediante escrito dirixido ao Sr. Presidente da Xunta electoral do centro no prazo fixado ao efecto. Todas as reclamacións formularanse perante a xunta electoral do centro, mediante escrito razoado dirixido ao Sr. Presidente desta.
XUNTA ELECTORAL
Presidenta: Mª Dolores Garza Gil
Secretaria: Ana de Prado Vázquez
PDI Titular: Mercedes Vila Alonso
Suplente: Raisa Pérez Vas
PAS Titular: Ángel Nieto Rodríguez
Suplente: Eva Baltar Simón
Alumnado Titular: Natalia Sheira Escuder Mendiberry
Suplente: Mateo Juviño González
CALENDARIO ELECTORAL:
21 de outubro Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral
Do 21 de ao 28 de outubro Período de reclamacións (correción de erros….) dos censos
30 de outubro Exposición dos censos definitivos no taboleiro electoral
Do 4 ao 6 de novembro Período de presentación de candidaturas
7 de novembro Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral)
Do 11 ao 12 de novembro Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos/as
13 de novembro Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral)
Do 14 ao 18 de novembro Campaña electoral
14 de novembro Sorteo das mesas electorais
20 de novembro Votación: de 11 ás 18 horas no hall da facultade
21 de novembro Proclamación provisoria de candidatos electos
Do 25 ao 26 de novembro Reclamacións á proclamación provisoria de candidatos electos (ata as 14 h)
27 de novembro Proclamación definitiva de representantes electos
Vigo, a 17 de outubro de 2024 A DECANA M. Dolores Garza Gil