Convocatoria Xunta de Facultade

Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión ordinaria que terá lugar no Salón de Actos da Facultade ás 11:30h en primeira convocatoria e ás 11:45 en segunda do día 14 de marzo de 2023, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
  1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores (20/12/22 e 17/01/23). 
  2. Informe da Decana. 
  3. Aprobación, se procede, do límite de prazas para o curso 2023/2024.
  4. Aprobación, se procede, da oferta de materias optativas para o curso 2023/24. 
  5. Aprobación, se procede, da PDA dos graos para o curso 2023/2024 e da lista priorizada dos departamentos. 
  6. Aprobación, se procede, do reparto da “Bolsa de horas de recoñecemento de actividades de Xestión docente” para o curso 2023/2024. 
  7. Aprobación, e procede, da PDA dos másteres para o curso 2023/24.
  8. Aprobación, se procede, da Memoria Económica do exercicio 2022. 
  9. Aprobación, se procede, do Orzamento para o exercicio 2023. 
  10. Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Calidade de aprobación do PAT correspondente ao curso 2021/22. 
  11. Aprobación, se procede, da modificación da CAM do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible.
  12. Rogos e preguntas.
A Decana

M. Dolores Garza Gil