Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión extraordinaria que terá lugar no Salón de actos ás 12:30 h. en primeira convocatoria, e ás 12:45 en segunda, do vindeiro luns día 5 de xuño, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
PUNTO ÚNICO: Aprobación, se procede, dos acordos da Comisión de Calidade relativos aos cambios das memorias das titulacións da facultade, derivados das alegacións presentadas durante o período de exposición pública.
Vigo, 31 de maio de 2023
A Decana
M. Dolores Garza Gil