Convócase aos membros da Xunta de Facultade, a unha reunión ordinaria que terá lugar no salón de actos, ás 12:00 h. en primeira convocatoria e ás 12:15 en segunda do xoves 21 de novembro, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
- Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores (23/05/2024 e 25/10/2024).
- Informe da Decana.
- Aprobación, se procede, do límite de prazas para o curso 2025/2026.
- Aprobación, se procede, da PDA dos graos para o curso 2025/2026 e da lista priorizada dos departamentos.
- Aprobación, se procede, da oferta de materias optativas para o curso 2025/2026.
- Aprobación, se procede, da oferta de materias en inglés incluídas nos anexos.
- Aprobación, e procede, da PDA e dos límites de prazas dos másteres para o curso 2025/2026.
- Aprobación, se procede, de cambios nas Comisión da Facultade.
- Aprobación, se procede, da proposta do Departamento de Economía Aplicada para o cambio dunha materia optativa do grao en Economía.
- Rogos e preguntas.
Vigo, 19 de novembro de 2024.
A DECANA
M. Dolores Garza Gil