Distribución alumnado en grupos

DISTRIBUCIÓN DE ALUMNOS EN GRUPOS PRÁCTICOS E TEÓRICOS NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS

CURSO 2022/2023 

 

GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

 

Alumnado de Primeiro Curso por primeira vez:

O martes 6 asistirá a grupo teórico que corresponda co grupo práctico asignado que se pode consultar aquí.

 

Alumnado matriculado en 2º e 3º:

Grupo B (quenda tarde): Alumnado co primeiro apelido comprendido entre as letras F e R (ámbalas dúas inclusive).

Grupo A (quenda mañá): Resto do alumnado.

 

Alumnado matriculado en 4º:

Materias optativas: Asistencia ó grupo asignado.

 

Materias obrigatorias:

Asistirá, no grupo teórico de mañá, o alumnado coa maioría das súas materias optativas matriculadas nas seguintes: Auditoría, Mercadotecnia Sectorial e Xestión do coñecemento. O alumnado matriculado coa maioría das súas optativas no resto de materias asistirá no grupo de tarde nas materias obrigatorias.

 

Alumnado con materias en varios cursos:

Asistirá, durante as dúas primeiras semanas do curso, no grupo que lle corresponda no curso no que estea matriculado de máis materias e, en quenda cambiada, nos demais cursos. Por exemplo, alguén matriculado en 2º e 3º, con máis materias en 3º que en 2º, asistirá en quenda de tarde en 3º si o seu apelido empeza por unha letra entre a F e a R, e en quenda de mañá en 2º.

 

GRAO EN ECONOMÍA E DOBRE GRAO ADE-DEREITO

Dado que soamente hai un grupo de docencia teórico en cada un dos cursos, todo o alumnado deberá asistir ao mesmo grupo nos seus respectivos cursos, nas aulas de teoría asignadas.

 

ESPAZOS

Os espazos asignados as sesións destas semanas poden consultarse na web da facultade xa que están publicadas nos horarios do primeiro cuadrimestre.