Eleccións a membros da Xunta de Facultade

ASUNTO : CONVOCATORIA  DE ELECCIÓNS A MEMBROS DA XUNTA DE FACULTADE 2022

De acordo coa Normativa para a elección de Membros das Xuntas de Centro da Universidade de Vigo (aprobada en Consello de Goberno do 11 de decembro de 2003), e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para membros da Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.

Serán electores/as os/as que figuran no censo electoral do centro, no sector correspondente. Serán elixibles os electores e as electoras que reúnan os seguintes requisitos:

  • Presentar a súa candidatura, conforme ao disposto na normativa.
  • Ser proclamado/a candidato ou candidata pola Xunta electoral do centro de forma definitiva.

As solicitudes de proclamación de candidato/a presentaranse no rexistro da Facultade mediante escrito dirixido ao Sr. Presidente da Xunta electoral do centro no prazo fixado ao efecto.  Todas as reclamacións formularanse perante a xunta electoral do centro, mediante escrito razoado dirixido ao Sr. Presidente desta.

XUNTA ELECTORAL

Presidenta:           Mª Dolores Garza Gil

Secretaria:            Ana de Prado Vázquez

PDI                        Titular: Francisco Rodríguez de Prado

Suplente: Gloria Caballero Fernández.

PAS                        Titular: Belén Jácome Pérez

Suplente: Ángeles Casal

Alumnado            Titular: Cristian Valencia Rodríguez

Suplente: Aida Esperón Blanco

CALENDARIO ELECTORAL:

21 de outubro                                      Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral

Do 21 de ao 28 de outubro               Período de reclamacións (correción de erros….) dos censos

31 de outubro                                      Exposición dos censos definitivos no taboleiro electoral

Do 2 ao 7 de novembro                     Período de presentación de candidaturas. (Modelo candidatura)

9 de novembro                                    Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral)

Do 10 ao 14 de novembro                Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos/as

15 de novembro                                 Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral)

Do 16 ao 18 de novembro                Campaña electoral

16 de novembro                                 Sorteo das mesas electorais

22 de novembro                                 Votación: de 11 ás 19 horas no hall da facultade

23 de novembro                                 Proclamación provisoria de candidatos electos

Do 23 ao 25 de novembro                Reclamacións á proclamación provisoria de candidatos electos

28 de novembro                                 Proclamación definitiva de representantes electos

Vigo, a 21 de outubro de 2022

O DECANO EN FUNCIÓNS

Miguel Ángel Crespo Domínguez