Infórmovos que as materias optativas teñen un límite de prazas, polo que, para poder matricularvos delas as teredes que ter autorizadas previamente no sistema de matrícula, para o que, teredes que facer unha preinscripción entre o 10 e o 17 de xullo. Para elo deberedes seguir os pasos que se indican neste documento.
A asignación non depende do momento no que se fai a preinscrición (sempre que se faga en prazo), se non do grao de cumprimento dos criterios por parte do/a estudante a 1 de xullo de 2024. Unha vez rematado o prazo o sistema asignará as materias tendo en conta o número de créditos superados e a nota media do expediente nesa data. Para preinscribiros teredes que ter superados, alomenos 90 créditos.
As materias que se vos autoricen, apareceranvos posteriormente no sistema no momento no que fagades a matrícula.
Se unha vez remadado o prazo de matrícula quedasen prazas baleiras, poderedes solicitalas no decanato e matriculalas no periodo de ampliación de matrícula (Do 23 ao 27 de setembro).