Traballo Fin de Grao

Traballo de Fin de Grao
Aspectos fundamentais

É un traballo para desenvolver de forma individual e autónoma, aínda no caso de ser un traballo conxunto de varios estudantes, de carácter integrador, encamiñado a mostrar a adquisición das competencias vinculadas co título.

Para matricularse é necesario facelo de todos os créditos que resten para acabar o grao polo que hai que ter en conta a limitación de matrícula existente na UVigo, que é de 75 ECTS.

No primeiro mes de curso publicaranse a oferta temática e os titores de cada tema para que cada estudante poida informarse sobre aqueles temas que lle resulten de interese.

De ser o caso, tamén o estudante poderá presentar unha proposta temática, sempre que conte co visto e prace dun titor que lle axude a desenvolvela.

No prazo que se estableza, convocarase unha reunión para que os estudantes, por orde de expediente, vaian elixindo traballos de entre os ofertados ata que todos os matriculados teñan un tema asignado.

O titor, cando considere finalizado o traballo, debe facer unha valoración global do mesmo. Con ese informe, o estudante poderá solicitar na súa Secretaría Virtual data de defensa pública diante dun tribunal, sempre que teña superados todos os créditos do grao, excepto o propio TFG. En todo caso, a cualificación só farase efectiva cando se cumpra tal condición.

De non superar o TFG en calquera dos períodos de exame (ordinario ou extraordinario), o tribunal emitirá un informe razoado e o estudante poderá continuar co tema elixido por un ano máis.

Calendario TFG

Calendario TFG 2019/2020

IMPORTANTE: Instrucións para a solicitude de defensa e depósito do TFG convocatoria extraordinaria setembro 2020

Solicitude de asignación de tribunal unipersoal o colexiado

HORARIOS DEFENSA TFG GRAO EN ADE E SIMULTANEIDADE ADE-DEREITO SETEMBRO 2020

HORARIOS DEFENSA TFG GRAO EN ECONOMÍA SETEMBRO 2020

NOVO: Calendario TFG 2020/2021

Oferta TFG

Oferta TFG ADE-Dobre Grao 2020/2021

Oferta Economía 2020/2021

Solicitude de renuncia á titorización automática do TFG

Impreso de solicitude